Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-577
Clasificación Genérica Obxectos de Arte
Objeto/Documento Debuxo
Autor/a Vázquez Díaz, Francisco (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 07/09/1898 - Lugar de defunción: Puerto Rico, 21/02/1988) (Compostela) [Alcume: Compostela. Santiago de Compostela , 7 de setembro de 1898-Puerto Rico, 21 de febreiro de 1988). É un artista coñecido sobre todo pola súa faceta de escultor, predomiñando nel a construcción en madeira representando animais (pingüinos, pelícanos..]
Título ¿Quen merca lampreas?
Conjunto Debuxos de Francisco Vázquez Díaz sobre a cidade de Santiago de Compostela
Materia/Soporte Papel
Técnica Plumilla
Coloreado a lápis
Dimensiones Longo = 21,80 cm; Altura = 16,30 cm
Descripción Escena que se desenrola na rúa, con soportais ao fondo. Nun primeiro termo aprecen: unha peixeira ataviada cun chal de lá verde e un mandil branco; enriba da cabeza leva unha cesta que, a pesar de estar tapada cun pano branco, asoma por debaixo o peixe (polo título, lampreas ). Outra muller que a segue veste saia negra longa, mandil branco, chaleco negro e pañoleta verde atada ao pescozo. Outra muller que aparece leva mandil branco e unha sella na cabeza, da sua man vai unha rapaza vestida con capa negra, posiblemente uniforme dalgún centro de ensino. Nun segundo termo unha parella, camiña falando moi animadamente. Tamén onda os soportais, ao lado esquerdo da escena principal, se ve outra parella formada por un home vestido con abrigo longo e un crego de sotana e sombreiro. Fronte deles crúzase unha muller que vai soa ataviada cun pano escuro na cabeza, abrigo vermello e paraugas.
Iconografia Escena de xénero
Inscripciones/Leyendas Ángulo superior dereito
Compostela 1936. ¿Que merca lampreas? [No ángulo superior dereito: Compostela 1936. ¿Que merca lampreas? ]
Datación 1936 (´1936´ (datado no ángulo superior dereito debaixo do título))
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Documental. Cara a amosar e deixar constancia duns feitos ocorridos nos anos dos d ebuxos, 1935-1936. Artístico. Foron feitos co fin de reflectir o ambiente da cidade de Santiago entre os anos 1935-1936 con escenas e actos característicos da cidade e acontecementos salientables deses anos.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos. Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002 ó 9 de febreiro de 2003.
Clasificación Razonada A colección dos 26 debuxos de pequeno formato coa súa carpeta (Inventaro D-563 a D-589) que Francisco Vázquez Díaz realizou entre 1935 e 1936 recolle escenas, tradicións, personaxes e ambientes típicos da cidade neses anos e supón un documento de interese para o coñecemento dunha parte importante da memoria recente de Compostela. Realizados a plumilla, e coloreados a lapis, con rasgos a veces caricaturescos, reproduce o artista aspectos da sociedade reinante naqueles momentos na cidade, dende os seus representantes, incluso por veces identificables, ata os anónimos paseantes que contribuían a outurgar a imaxe cotiá das rúas e prazas. En todos eles figura algún pequeno texto alusivo ao tema ou escena representada así como a palabra "Compostela" precedendo á data e que se podería interpretar tanto pola sinatura como pola indicación do lugar. Como se indicou, todos eles comprenden un periodo que vai entre 1935 e 1936, figurando en varios memso o propio día no que foi realizado.
Neste debuxo recóllese unha escena moi típica en Santiago ata non hai moito tempo, como é o da venda ambulante de lampreas provenientes das pesqueiras dos ríos próximos (Ulla, Tambre...). Era unha actividade exercida por mulleres que se ían anunciando pola rúa con berros específicos, neste caso o que dá título ao debuxo: "¿Que merca lampreas?".
Bibliografía 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos: [exposición] Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela. Pérez Outeiriño, Bieito(coord). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 20/11/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6